
Menú multimedia
Mediante o menú multimedia, pode acceder ao seu
contido multimedia usado con máis frecuencia. O
contido seleccionado amósase na aplicación
apropiada.
1.
Para abrir ou pechar o
menú multimedia, prema
a tecla multimedia.
2.
Para navegar polos
mosaicos, desprácese á
esquerda ou á dereita ou,
se o axuste da roda Navi
está activado, deslice o
dedo polo bordo da tecla
de desprazamento.
Os mosaicos son os
seguintes:
●
TV e vídeo
— Permite ver o seu último videoclip
visualizado, os videoclips almacenados no
dispositivo ou acceder a servizos de vídeo.
●
Música
— Permite acceder ao reprodutor de
música e á vista Reproducindo, navegar polas
cancións e listas de reprodución ou descargar e
administrar podcasts.
●
Imaxes
— Permite ver a súas imaxes obtidas
máis recentemente, iniciar unha presentación de
diapositivas das súas imaxes ou videoclips ou ver
ficheiros multimedia de álbums.
●
Mapas
— Permite ver as súas localizacións
favoritas na aplicación de mapas.
27
O dis
pos
itivo

●
Internet
— Permite ver as súas ligazóns web
favoritas no navegador.
●
Contactos
— Permite engadir o seus propios
contactos, enviar mensaxes ou realizar
chamadas de voz. Para engadir un contacto novo
a unha posición baleira na lista, prema a tecla de
desprazamento e seleccione un contacto. Para
enviar unha mensaxe, no menú multimedia,
seleccione un contacto e
Opcións
>
Enviar
mensaxe de texto
ou
Enviar msx.
multimedia
.
3.
Para desprazarse cara arriba ou abaixo nun
mosaico, prema a tecla de desprazamento cara
arriba ou abaixo. Para seleccionar elementos,
prema a tecla de desprazamento.
Para cambiar a orde dos mosaicos, seleccione
Opcións
>
Organizar mosaicos
.
Para volver ao menú multimedia dende unha
aplicación aberta, prema a tecla multimedia.