Perfil Desconectado
Para activar o perfil Desconectado, prema a tecla de
acendido brevemente e seleccione
Fóra de liña
. Ou
prema e seleccione
Ferramentas
>
Perfís
>
Fóra
de liña
.
O perfil Desconectado permite utilizar o dispositivo sen
conectarse á rede sen fíos. Cando se activa o perfil
Desconectado, desactívase a conexión á rede sen fíos,
tal e como se indica mediante na zona do indicador
de potencia do sinal. Evítase a recepción e envío de
tódolos sinais de RF sen fíos dende o dispositivo. Se
intenta enviar mensaxes, colócanse na caixa de saída
para ser enviadas máis tarde.
Se o perfil Desconectado está activo, poderá utilizar o
dispositivo sen unha tarxeta SIM.
Importante: No perfil Desconectado, non é
posible efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar
outras funcións que requiran o uso de cobertura de
rede móbil. Sen embargo, poderá efectuar chamadas
ó número de emerxencia oficial programado no
dispositivo. Para efectuar chamadas, primeiro cómpre
activar a función do teléfono mediante a modificación
dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira o código
de bloqueo.
Ó activar o perfil Desconectado, aínda pode utilizar a
LAN sen fíos, por exemplo, para consultar o correo
electrónico ou navegar pola Internet. Recorde cumprir
con tódolos requisitos de seguridade aplicables cando
estableza e utilice unha conexión LAN sen fíos. Tamén
se pode utilizar a conectividade Bluetooth no perfil
Desconectado.
Para abandonar o perfil Desconectado, prema a tecla
de acendido brevemente e seleccione outro perfil. O
dispositivo volve activar as transmisións sen fíos
(sempre que haxa suficiente potencia do sinal).