Acerca do GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo é compatible con A-GPS (servizo de
rede). Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe
información útil por satélite desde un servidor de datos
de asistencia a través da rede móbil. Coa axuda dos
datos de asistencia, o teléfono pode obter a
localización do GPS de xeito máis rápido.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de
asistencia técnica mediante unha conexión de
paquetes de datos, que axuda a calcular as
coordenadas da súa localización actual cando o
dispositivo recibe sinais dos satélites.
53
Po
si
ci
on
am
en
to
(GPS)
O dispositivo está configurado previamente para
utilizar o servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan
dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de
servizos específico. Os datos de asistencia recupéranse
desde o servidor do servizo A-GPS de Nokia só cando é
necesario.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar os datos de asistencia do
servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión de
paquetes de datos.
Definir un punto de acceso para o A-GPS — Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
>
Servidor posicionamento
. Para este servizo só se
pode utilizar un punto de acceso á Internet de
paquetes de datos. O dispositivo solicita o punto de
acceso á Internet cando o GPS se utiliza por primeira
vez.