Chamadas de voz
1.
No modo en espera, insira o número de teléfono,
incluído o código de área. Para eliminar un número,
prema C.
Nas chamadas internacionais, prema * dúas veces
para inserir o carácter + (que substitúe ao código
de acceso internacional) e insira o código do país,
o código de área (omita o primeiro cero se fora
necesario) e o número de teléfono.
2.
Para facer a chamada, prema a tecla Chamar.
3.
Para finalizar a chamada (ou para cancelar o intento
de chamada), prema a tecla Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se finalizará a
chamada, mesmo se outra aplicación está activa.
Para facer unha chamada dende Contactos, prema
e seleccione
Contactos
. Desprácese ata o nome
desexado ou insira as primeiras letras do nome no
campo de busca. Para chamar ao contacto, prema a
tecla Chamar. Se gardou varios números para un
contacto, seleccione o número desexado da lista e
prema a tecla Chamar.