Marcado por voz
O dispositivo admite comandos avanzados de voz. Os
comandos avanzados de voz non dependen da voz do
falante, así que o usuario non precisa gravar etiquetas
de voz de antemán. O dispositivo crea unha etiqueta
de voz para as entradas dos contactos e compara a
etiqueta de voz falada con esta. O recoñecemento de
voz no dispositivo adáptase á voz do usuario principal
para recoñecer os comandos de voz mellor.
A etiqueta de voz dun contacto é o nome ou o alcume
que se garda na tarxeta de contacto. Para escoitar a
etiqueta de voz sintetizada, abra unha tarxeta de
contacto e seleccione
Opcións
>
Detalles da
gravación
>
Reproducir gravación
.
Faga unha chamada cunha etiqueta de voz
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode
resultar difícil en contornos con ruído ou durante unha
emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente
no marcado por voz en tódalas circunstancias.
Cando usa o marcado por voz, utilízase o altofalante.
Manteña o dispositivo a pouca distancia cando diga a
etiqueta de voz.
1.
Para comezar o marcado por voz, no modo en
espera, manteña premida a tecla de selección
dereita. Se se conectan uns auriculares compatibles
con tecla de auriculares, manteña premida esta
tecla para comezar o marcado por voz.
2.
Escoitarase un ton curto e amosarase
Fale agora
.
Diga claramente o nome ou o alcume que está
gardado na tarxeta de contactos.
3.
O dispositivo reproduce unha etiqueta de voz
sintetizada para o contacto recoñecido no idioma
do dispositivo seleccionado e amosa o nome e o
número. Se non desexa chamar a ese contacto,
seleccione
Seguinte
antes de que transcorran 2,5
segundos para ver unha lista coas outras
coincidencias ou
Abandonar
para cancelar o
marcado por voz.
Se se gardan varios números nun mesmo nome, o
dispositivo selecciona o número predeterminado se se
estableceu. Senón, o dispositivo selecciona o primeiro
número dispoñible nunha tarxeta de contactos.