Opcións durante unha
chamada
Para axustar o volume durante unha chamada, utilice
a tecla volume situada no lateral do dispositivo. Tamén
pode utilizar a tecla de desprazamento. Se axustou o
volume en
Silenciar
, seleccione
Act. audio
primeiro.
Para enviar unha imaxe ou un videoclip nunha
mensaxe multimedia a outro participante da chamada,
seleccione
Opcións
>
Enviar MMS
(só en redes UMTS).
Pode editar a mensaxe e cambiar o destinatario antes
de enviala. Prema a tecla chamar para enviar o ficheiro
a un dispositivo compatible (servizo de rede).
Para poñer unha chamada de voz activa en espera
mentres responde outra chamada entrante, seleccione
Opcións
>
Reter
. Para cambiar entre a chamada
activa e a a que está en espera, seleccione
Opcións
>
Cambiar
.
Para enviar cadeas de tons DTMF (por exemplo, un
contrasinal), seleccione
Opcións
>
Enviar DTMF
.
Insira a cadea DTMF ou búsquea en Contactos. Para
inserir un carácter de espera (w) ou un carácter de
pausa (p), prema * varias veces. Para enviar o ton,
seleccione
Aceptar
. É posible engadir tons DTMF ó
135
Realizar chamadas
número de teléfono ou campos DTMF nunha tarxeta de
contactos.
Suxestión: Cando só teña unha chamada de voz
activa, para poñela en espera, prema a tecla
chamar. Para activar a chamada, prema a tecla
chamar de novo.
Durante unha chamada activa, para enviar o son dende
o teléfono ó altofalante, seleccione
Opcións
>
Activar
o altofalante
. Se conectou uns auriculares
compatibles coa conectivade Bluetooth, para enviar o
son ós auriculares, seleccione
Opcións
>
Activar
mans libres
. Para que o son regrese ó teléfono,
seleccione
Opcións
>
Activar teléfono
.
Para finalizar unha chamada activa e substituíla
respondendo á chamada en espera, seleccione
Opcións
>
Colgar e cambiar
.
Se ten varias chamadas activas, para finalizalas todas,
seleccione
Opcións
>
Rematar todas chams.
.
Moitas das opcións que se poden utilizar durante unha
chamada de voz son servizos de rede.