Axustes da rede doméstica
Para compartir ficheiros multimedia gardados en Fotos
con outros dispositivos certificados UPnP e DLNA
compatibles a través dunha rede LAN sen fíos (WLAN),
cómpre crear e configurar o punto de acceso doméstico
á Internet de WLAN e, a continuación, configurar os
axustes de rede doméstica na aplicación Medios
domésticos.
As opcións relacionadas coa rede doméstica non
estarán dispoñibles nas aplicacións ata que se
configuren os axustes na aplicación Medios
domésticos.
Cando accede á aplicación Medios domésticos por
primeira vez, ábrese o asistente de configuración e
axúdalle a definir os axustes de rede doméstica para o
dispositivo. Para usar o asistente de configuración
máis tarde, seleccione
Opcións
>
Executar
asistente
, e siga as instrucións.
Para conectar un ordenador compatible á rede
doméstica, no ordenador, cómpre instalar o software
correspondente. O software está no CD-ROM ou DVD-
ROM fornecido co dispositivo ou pódeo descargar das
105
Red
e domés
tic
a
páxinas de asistencia técnica do dispositivo no sitio
web de Nokia.
Configuración de axustes
Para configurar os axustes para a rede doméstica,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e entre os seguintes:
●
Punto de acceso domést.
— Para axustar o
dispositivo para que solicite o punto de acceso
doméstico cada vez que se conecte á rede
doméstica, seleccione
Preguntar sempre
. Para
definir un punto de acceso novo que se use
automaticamente cando use a rede doméstica,
seleccione
Crear novo
. Se a rede doméstica non ten
os axustes de seguridade de WLAN activados,
amósase unha alerta de seguridade. Pode continuar
e activar a seguridade de WLAN máis tarde, ou
cancelar a definición do punto de acceso e activar
primeiro a seguridade de WLAN.
●
Nome do dispositivo
— Insira un nome para o
dispositivo que se amosará ao resto de dispositivos
compatibles na rede doméstica.
●
Copiar a
— Seleccione onde gardar os ficheiros
multimedia copiados.
Activación da opción de
compartir e definición do
contido
Seleccione
Ferramentas
>
Conectivid.
>
Medios
dom.
>
Compartir cont.
e unha das seguintes
opcións:
●
Uso comp. cont.
— Permita ou rexeite compartir
ficheiros multimedia con dispositivos compatibles.