Ver e compartir ficheiros
multimedia
Para compartir os ficheiros multimedia con outros
dispositivos UPnP compatibles na rede propia, active a
opción de compartir contido.
Vexa "Activación da
opción de compartir e definición do contido", p. 106.
Aínda que a opción de compartir contido estea
desactivada no dispositivo, poderá ver e copiar os
ficheiros multimedia gardados no resto de dispositivos
da rede propia, se estes últimos o permiten.
Amosar os ficheiros multimedia gardados no
dispositivo
Para amosar as imaxes, vídeos e clips de son noutro
dispositivo da rede propia, como unha televisión
compatible, siga os pasos que se indican a
continuación:
1.
Seleccione unha imaxe ou un videoclip en Fotos, ou
un clip de son en Galería, e
Opcións
>
Mostrar vía
rede propia
.
2.
Seleccione un dispositivo compatible no que se
amosa o ficheiro multimedia. As imaxes amósanse
tanto no outro dispositivo de rede propia como no
seu dispositivo, e os videoclips e clips de son
reprodúcense só no outro dispositivo.
3.
Para deter a función de compartir, seleccione
Opcións
>
Deter mostrar
.
Amosar os ficheiros multimedia gardados
noutro dispositivo
Para amosar no dispositivo ou nun televisor
compatible, por exemplo, ficheiros multimedia
almacenados noutro dispositivo da rede propia, siga
os pasos que se indican a continuación:
1.
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Conectivid.
>
Medios dom.
>
Expl. rede dom.
.
O teléfono iniciará a busca doutros dispositivos
compatibles. Comezarán a amosarse na pantalla
nomes de dispositivos.
2.
Seleccione un dispositivo da lista.
3.
Seleccione o tipo de ficheiro multimedia que desexa
ver no outro dispositivo. Os tipos de ficheiro
dispoñibles dependen das funcións do outro
dispositivo.
Para buscar ficheiros con diferentes criterios,
seleccione
Opcións
>
Buscar
. Para ordenar os
ficheiros atopados, seleccione
Opcións
>
Ordenar
por
.
4.
Seleccione o ficheiro ou cartafol multimedia que
desexa ver.
5.
Prema a tecla de desprazamento e seleccione
Reproducir
ou
Mostrar
, e
No dispositivo
ou
Vía a
rede propia
.
6.
Seleccione o dispositivo no que desexa que se
amose o ficheiro.
107
Red
e domés
tic
a
Para axustar o volume cando se reproduce un vídeo ou
un clip de son, desprácese á esquerda ou á dereita.
Para deter a acción de compartir o ficheiro multimedia,
seleccione
Atrás
ou
Deter
(dispoñible cando se
reproducen vídeos e música).
Suxestión: Pode imprimir imaxes gardadas en
Fotos por medio dunha rede propia cunha
impresora UPnP compatible.
Vexa "Impresión de
imaxes", p. 100.
Non cómpre activar a opción de
uso compartido de contido.