Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos
dun fornecedor de servizos sen fíos. Moitas das funcións
do produto requiren dispoñer de funcións especiais de
rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en todas as
redes; é posible que para poder utilizar os servizos de rede
noutras redes sexa necesario establecer acordos
específicos co seu fornecedor de servizos. O uso de servizos
de rede implica a transmisión de datos. Comprobe co seu
fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa
rede propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este
pode facilitarlle instrucións e explicarlle os importes que
lle serán cargados polo servizo. É posible que algunhas
9
Se
gu
ridade
redes teñan limitacións que afecten ao modo en que pode
utilizar os servizos de rede. Por exemplo, é posible que
algunhas redes non admitan todos os caracteres e servizos
dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a
desactivación ou non activación de determinadas funcións
no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que
o dispositivo dispoña dunha configuración especial, como
cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas.
Póñase en contacto so seu fornecedor de servizos para
obter máis información.
O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP
e SSL) que se executan nos protocolos TCP/IP. Algunhas
funcións deste dispositivo, como MMS, navegación web e
correo electrónico requiren soporte da rede para estas
tecnoloxías.
10
Se
gu
ridade