Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo,
visite as páxinas de asistencia técnica do produto na
páxina www.nokia.com/support.
P: ¿Cal é o meu contrasinal para os códigos de
bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se
esquece o código, póñase en contacto co provedor do
teléfono. Se esquece un código PIN ou PUK ou se non
recibiu dito código, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos de rede. Se desexa obter máis
información sobre os contrasinais, póñase en contacto
co fornecedor do seu punto de acceso, por exemplo, un
fornecedor de servizos da Internet comercial (ISP) ou
un fornecedor de servizos de rede.
P: ¿Como pecho unha aplicación que non está a
responder?
R: Manteña premida a tecla
. Para pechar unha
aplicación, desprácese a esta e prema C. Se preme C non
se pecha o reprodutor de música. Para pechar o
reprodutor de música, seleccióneo da lista e seleccione
Opcións
>
Saír
.
P: ¿Por que as imaxes semellan borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección do
obxectivo da cámara estean limpas.
P: ¿Por que cada vez que acendo o dispositivo
aparecen puntos descoloridos, brillantes ou
non aparecen na pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste tipo de
pantalla. É posible que algunhas pantallas conteñan
píxeles ou puntos que permanecen activados ou
desactivados. Isto é normal, non se trata dun fallo.
P: ¿Por que non pode o meu dispositivo
establecer unha conexión GPS?
R: Obteña máis información sobre o GPS, o receptor de
GPS, os sinais de satélite e a información de
localización nesta guía de usuario.
Vexa
"Posicionamento (GPS)", p. 53.
P: ¿Por que non podo atopar o dispositivo do
meu amigo mentres utilizo a conectividade
Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son
compatibles, teñen activada a conectividade Bluetooth
e non están en modo oculto. Comprobe tamén que a
distancia entre os dous dispositivos non supera os 10
metros (33 polgadas) e que non hai paredes nin demais
obstáculos entre os dispositivos.
185
Solución de problemas
P: Por que non podo pechar unha conexión
Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode
finalizar a conexión desde o outro dispositivo ou
desactivar a conectividade Bluetooth no seu teléfono.
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Bluetooth
>
Bluetooth
>
Desactivado
.
P: ¿Por que non pode o outro dispositivo ver os
ficheiros gardados no meu dispositivo na rede
propia?
R: Asegúrese de que configurou os axustes da rede
doméstica, de que a función de compartir contido está
activada no seu dispositivo e de que o outro dispositivo
é compatible con UPnP.
P: ¿Que podo facer se a miña conexión de rede
doméstica deixa de funcionar?
R: Desactive a conexión LAN (WLAN) sen fíos do seu
ordenador compatible e o seu dispositivo e ábrao de
novo. Se isto non axuda, reinicie o seu ordenador
compatible e o teléfono. Se a conexión aínda non
funciona, reconfigure os axustes de WLAN no seu
ordenador compatible e no dispositivo.
Vexa "LAN sen
fíos", p. 39.Vexa "Axustes de conexión", p. 179.
P: ¿Por que non podo ver o meu ordenador
compatible no meu dispositivo na rede
doméstica?
R: Se está a utilizar unha aplicación de devasa no seu
ordenador compatible, comprobe que esta permita
que o servidor multimedia doméstico utilice a
conexión externa (pode engadir un servidor
multimedia doméstico á lista de excepcións da
devasa). Comprobe nos axustes da devasa que a
mesma permite o tráfico aos seguintes portos: 1900,
49152, 49153 e 49154. Algúns dispositivos do punto
de acceso WLAN teñen unha devasa incorporada. Neses
casos, comprobe que a devasa do dispositivo do punto
de acceso non bloquea o tráfico aos seguintes portos:
1900, 49152, 49153 e 49154. Comprobe que os axustes
de WLAN son os mesmos no teléfono e no ordenador
compatible.
P: ¿Por que non podo ver un punto de acceso LAN
(WLAN) sen fíos aínda que sei que me atopo
dentro do seu alcance?
R: É posible que o punto de acceso WLAN utilice un
identificador de serie do servizo oculto (SSID). Só pode
acceder ás redes que utilizan un SSID oculto se coñece
o SSID correcto e creou un punto de acceso á Internet
WLAN para a rede do teléfono Nokia.
186
Solución de problemas
P: ¿Como desactivo a LAN (WLAN) sen fíos no
meu dispositivo Nokia?
R: A WLAN do seu dispositivo Nokia desactívase cando
non está conectado ou non está a intentar conectarse
a outro punto de acceso ou non está a escanear redes
dispoñibles. Para reducir máis o consumo de batería,
pode especificar que o teléfono Nokia non busque ou
busque con menos frecuencia redes dispoñibles en
segundo plano. A WLAN desactívase entre as buscas en
segundo plano.
Para cambiar os axustes das buscas en segundo plano,
leve a cabo o seguinte:
1.
Prema e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Conexión
>
LAN inalámbrica
.
2.
Para aumentar o intervalo de tempo das buscas en
segundo plano, seleccione
Buscar redes
. Para
deter as buscas en segundo plano, seleccione
Amosar dispoñib. WLAN
>
Nunca
.
3.
Para gardar os cambios, seleccione
Atrás
.
Se
Amosar dispoñib. WLAN
está axustado en
Nunca
, a icona de dispoñibilidade de WLAN non se
amosará no modo en espera. Non obstante, aínda
pode buscar manualmente todas as redes WLAN
dispoñibles e conectarse a redes WLAN como de
costume.
P: ¿Como podo gardar os meus datos antes de
eliminalos?
R: Para gardar datos, utilice Nokia Nseries PC Suite para
sincronizar ou para facer unha copia de seguridade de
todos os datos nun ordenador compatible. Tamén
pode enviar datos mediante a conectividade Bluetooth
a un dispositivo compatible. Tamén pode gardar datos
nunha tarxeta de memoria compatible.
P: ¿Que fago se a memoria está chea?
R: Elimine elementos da memoria do dispositivo ou da
memoria masiva. Se se amosa
Non hai memoria
abondo para efectuar a operación. Borre datos.
ou
Memoria baixa. Borre algúns datos da memoria do
teléfono.
cando está a eliminar varios elementos ao
mesmo tempo, elimine os elementos un a un,
comezando polos máis pequenos.
Vexa "Memoria
libre", p. 20.
P: ¿Por que non podo seleccionar un contacto
para a miña mensaxe?
R: A tarxeta de contacto non ten un número de
teléfono, un enderezo ou un enderezo de correo
electrónico. Prema
, seleccione
Contactos
, o
contacto correspondente e edite a tarxeta de contacto.
187
Solución de problemas
P: Como podo pechar a conexión de datos cando
o dispositivo abre unha conexión de datos
repetidamente?
R: É posible que o dispositivo estea a intentar recuperar
unha mensaxe multimedia do centro de mensaxes
multimedia. Para evitar que o dispositivo inicie unha
conexión de datos, prema
e seleccione
Mensaxería
>
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe
multimedia
>
Recup. multimedia
e
Manual
para
que o centro de mensaxería multimedia garde as
mensaxes que se recuperarán máis tarde ou
Desactivada
para que ignore tódalas mensaxes
multimedia entrantes. Se selecciona
Manual
, recibirá
unha notificación cando teña unha mensaxe nova no
centro de mensaxes multimedia. Se selecciona
Desactivada
, o dispositivo non realizará ningunha
conexión de rede relacionada coa mensaxería
multimedia. Para axustar o dispositivo para que utilice
unha conexión de paquetes de datos só se inicia unha
aplicación ou acción que a necesita, prema
e
seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Conexión
>
Paquetes datos
>
Conexión paquetes datos
>
Se
cómpre
. Se isto non axuda, reinicie o dispositivo.
P: ¿Por que teño problemas ó conectar o
dispositivo ó meu ordenador?
R: Asegúrese de que dispón da última versión de Nokia
Nseries PC Suite e de que está instalada e en
funcionamento no seu ordenador compatible. Para
obter máis información sobre cómo utilizar Nokia
Nseries PC Suite, consulte a función de axuda de Nokia
Nseries PC Suite ou as páxinas de asistencia técnica de
Nokia.
P: ¿Podo utilizar o meu dispositivo como un
módem de fax cun ordenador compatible?
R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem
de fax. Non obstante, coa función de desvío de
chamadas (servizo de rede), pode desviar as chamadas
de fax entrantes a un número de fax.
188
Solución de problemas