
Vistas do calendario
Para cambiar o día de inicio da semana ou a vista que
desexa que se amose ó abrir o calendario, seleccione
Opcións
>
Axustes
. Nos axustes, tamén pode
modificar o ton de alarma do calendario, o tempo de
repetición da alarma e o título da vista da semana.
Para acceder a unha data determinada, seleccione
Opcións
>
Ir á data
. Para saltar a hoxe, prema #.
Para cambiar entre a vista do mes, a vista da semana,
a vista do día e a vista de tarefas, prema *.
157
Xestión do tempo

Para enviar unha nota de calendario a un dispositivo
compatible, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Se o outro dispositivo non é compatible co Coordinated
Universal Time ou UTC (tempo universal coordinado),
pode que a información da hora das entradas de
calendario recibidas non se amose correctamente.